Sunday 19 de May de 2024

O Concello de Ribeira pavimenta a rúa Sidreiras en Deán


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, e o concelleiro Francisco Suárez-Puerta, visitaron a obra de pavimentado en Deán que se rematou no día de hoxe.
“O acondicionamento desa rúa era unha actuación moi demandada á que o goberno municipal dou prioridade debido ás fochancas que poñían en risco a seguranza viaria.” explicou o alcalde Luís Pérez.

O Concello investiu máis de 480000 na pavimentación para mellorar a accesibilidade de vehículos, peóns e tamén para o transporte público e servizos de emerxencia.